Como instalar aplicacións en iOS

 

¿Cómo instalar aplicaciones en iOS?

 

Anteriormente víamos  como instalar aplicacións en Android, agora é o turno de iOS. Como veremos o procedimento é moi similar, e baséase tamén en buscar a aplicación na tenda de aplicacións ou store, que neste sistema será a App Store.

 

 

Tenda de aplicacións: App Store

Para instalar novas aplicacións no noso dispositivo dispoñemos de varias aplicacións que funcionan á súa vez como App Store ou Tendas de aplicacións. Cada fabricante acostuma incluír a súa propia, pero sempre cabe a posibilidade de utilizar a que vén integrada co propio sistema, a tenda online do sistema operativo iOS: App Store. Aínda que reciban o nome xenérico de “tenda” van a permitirnos descargar aplicacións gratuítas ademais das de pago. Así mesmo poderemos descargar ademais de aplicacións, xogos, libros ou música, de maneira similar.

 

Cando imos ao sitio web dunha aplicación ou app, normalmente aparecerá indicado se se atopa dispoñible para o noso sistema cunha icona como esta:

 

Disponible en App Store

 

Outra opción é buscala dende a propia tenda. Para facelo non temos máis que buscar o nome da aplicación, ver se aparece nos resultados e instalala, despois de autentificarnos. A continuación veremos un exemplo sinxelo:

Instalación iOS 1

Instalación iOS 2

 

1 Dende o cadro de busca escribimos o nome da aplicación que queramos instalar, neste caso “Abalar”, unha aplicación educativa.

 

2 A continuación aparecen os resultados coincidentes, neste caso un só, que é a aplicación "Abalarmóbil". Vemos que é gratis, senón o fora amosaríanos o prezo da app. Para instalala temos que premer sobre "Gratis".

 

 

Instalación iOS 3

Instalación iOS 4

 

3 Na seguinte pantalla aparecerá xa o botón “Instalar”, prememos sobre el e procederase coa instalación. Neste punto pode pedir as credenciais de acceso á App Store.

 

4 Unha vez instalada amosaranos a icona no escritorio do dispositivo para arrincala rapidamente.

 

 

¡E así para todas!

 

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.