7 Suxestións para mellorar a aprendizaxe (Infografía)

Voando coa aprendizaxe

Na seguinte infografía amósanse 7 suxestións rápidas para profesores e profesoras que poden resultar de utilidade para mellorar a aprendizaxe na clase. Son receitas sinxelas que poden dar moito xogo na aula. 

 

Infografía con 7 suxestións para mellorar a aprendizaxe

 

Modo texto

Transcrición da infografía:

 

  1. Empregar o método 10:2. Por cada 10 minutos de clase, permitir que os estudantes procesen a información e participen na clase durante polo menos 2 minutos.
  2. Dar tempo para pensar. Agardar e dar aos estudantes 5-10 segundos de tempo para pensar despois de facerlles unha pregunta.
  3. Darlle movemento á clase. Engadir movemento á clase, engadir dinamismo, non quedarse nun sitio e se conseguirá que os estudantes se involucren máis.
  4. Acelerar o ritmo da clase. Un ritmo rápido favorece a participación e a implicación dos estudantes, facendo máis doado avanzar cara o seguinte concepto en cada momento.
  5. Deixar participar. Proporcionar frecuentes momentos de feedback para que os estudantes participen.
  6. Facer pausas. Periodicamente facer pausas en medio de frases para que os estudantes as completen.
  7. Método 3:2:1. Empregar o método de resumo 3:2:1. Ao rematar unha lección pedir aos estudantes que anoten 3 cousas que aprenderon, 2 cousas interesantes, e 1 pregunta.

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.