Servizos

 

 

 

 

 

Software libre

 

Somos especialistas na instalación e adaptación de proxectos de software libre a medida para a súa organización. Incluíndo a integración de proxectos diferentes en solucións corporativas, a personalización de permisos, usuarios e estilos ou temas, a instalación de módulos e plugins beneficiosos para o cliente e actualizacións das diferentes plataformas ao longo do tempo.

As vantaxes das solucións baseadas en software libre pasan polo seu custe gratuíto de adquisición e o amplo soporte e evolución froito da enorme comunidade de usuarios que colaboran con estes proxectos.

 

Software libre

Como exemplos deste tipo de solucións caberían mencionarse:

 

  • Portais corporativos e xestores de contidos: Drupal e Joomla!.
  • Plataformas de ensinanza-aprendizaxe: Moodle e Dokeos.
  • Xestores de tarefas e traballo corporativo: Redmine, Flyspray e Mantis.
  • Blogs: Wordpress.
  • Redes sociais: Elgg.
  • e-Portafolios: Mahara.
  • Wikis: Mediawiki e Dokuwiki
  • Videoconferencia: OpenMeeting.
  • Foros: phpBB
  • Xestor documental: Alfresco
  • Comercio electrónico: sugarCRM e lifeRay
  • Servidores de informes: Jasper
  • Bases de datos: MariaDB, Mysql ou Postgre.
  • Servidores web: Apache
  • Ferramentas ofimáticas: libreOffice
  • Sistemas operativos de servidor: Ubuntu, Debian ou OpenSuse.
  • e un sen fin de ferramentas máis.

 

 

 

Deseño e desenvolvemento web a medida

 

En moitas ocasións aparece a necesidade de darse a coñecer na web, pero unha aplicación ou portal dispón ademais dun grande número de posibilidades. Dende Gabit analizamos as súas necesidades para ofrecerlle o produto ou solución que mellor se adapte, propoñéndolle novas vías de negocio, melloras ou solucións innovadoras.

 

Edición web a medida

Dende unha web sinxela a un complexo portal de comercio electrónico vai moito camiño, e pode implicar desenvolvementos a medida ou a reutilización de solucións xa existentes, incluíndo:

  • Compatibilidade cos principais navegadores.
  • Código HTML e CSS validado.
  • Marcado semántico orientado a mellorar a promoción web.
  • Soporte técnico e evolución.
  • Maquetación con solucións de software libre: Drupal, Wordpress...

 

 

 

Portais web con Drupal e Joomla!

Portais con Drupal

O desenvolvemento de portais web a través de xestores de contidos facilita a publicación e administración dos contidos do sitio web por parte de calquera usuario cuns coñecementos mínimos de informática. Os xestores de contidos ou CMS son ideais para solucións de tipo: portal corporativo, intranet, redes sociais, sitios web en múltiples idiomas e tendas ou venta a través de comercio electrónico.

A personalización dos xestores permite incorporar infinidade de plugins ou módulos con solucións específicas a problemas determinados, formularios, tipos de contido definidos polo usuario, vistas multimedia, correo e comercio electrónico, blogues, opcións de redes sociais, etc... ademais as posibilidades de modificar o tema e estrutura da páxina fan que se adapte ás necesidades ou preferencias do cliente.

Ademais da avaliación de necesidades e personalización, Gabit proporciónalle soporte en dúas vías: resolución de incidencias e evolución do produto. Permitíndolle actualizar o seu sitio web e facelo medrar con novos módulos e funcionalidades. Así mesmo, proporcionámoslle formaciónespecífica para os diferentes papeis de usuario, dende administrador, coordinador a usuario base, orientada a coñecer o funcionamento, aprender a xestionar e publicar o contido, construción do sitio, aplicar traducións e aprender a traballar con módulos específicos.

 

 Solucións personalizadas, soporte e formación




Plataformas de ensinanza-aprendizaxe con Moodle

Moodle posibilita a implantación de solucións educativas de xeito doado, modular e pedagóxico, cunha función multipropósito tanto como ferramenta de comunicación como repositorio de recursos e contidos ou actividades. A personalización desta plataforma permite desenvolver contornos para solucións de tipo:

  • Formación a distancia.

  • Apoio a sesións presenciais.

  • Repositorios de contidos.

  • Espazos de intercambio de información.

Formación con moodle

 

Sempre cunha importante orientación educativa, en Gabit posemos unha grande experiencia na implantación deste tipo de solucións, permitindo a adaptación e personalización do software Moodle para adaptalo ás súas necesidades, en aspectos como:

  • Personalización de estilos e temas.
  • Instalación e adaptación de módulos para resolver funcionalidades específicas.
  • Integración con outras ferramentas externas como xestión de usuarios, e-portafolios, wikis, ou solucións de videoconferencia.
  • Elaboración de documentación de axuda, manuais, guías, FAQ, ...
  • Tradución de módulos e localización
  • Soporte e resolución de incidencias.

 

Como sempre as alternativas de personalización e instalación son moitas e dende Gabit axudámoslle a avaliar as posibilidades para escoller a solución que mellor se adapte ás súas necesidades.

 

 Solucións educativas personalizadas e adaptadas ás súas necesidades

 

 

 

Publicación de cursos Moodle

 

Indo un paso máis alá do apartado anterior, Gabit ofrece unha solución para publicar os cursos moodle en Pendrive/CD/DVD. A ferramenta Artabria Publikator ofrece a posibilidade de empaquetar o curso nun único arquivo con contidos estáticos orientados á distribución do curso en modo descarga ou a través de calquera soporte. Deste xeito os alumnos/as poden descargar ou obter os contidos do curso e telos dispoñibles no seu equipo sen precisar estar conectados en todo o tempo ou sen requirimentos de ancho de banda. A publicación e distribución dos cursos neste formato facilita o achegamento dos contidos aos alumnos e resolve gran parte da problemática do día a día que se pode dar durante o desenvolvemento dun curso. Ademais a transformación do curso leva a cabo tamén unha serie de melloras no tocante a accesibilidade e usabilidade do mesmo facendo que sexa máis doado acceder aos contidos para todas as persoas independentemente das súas discapacidades ou dificultades de acceso á información.

 

Se desexa máis información pode acceder á páxina oficial da ferramenta Artabria Publikator.

 

 

Artabria Publikator

 

 Publicación e distribución de cursos Moodle en Pendrive/CD/DVD

 

 

 

Elaboración de publicacións e recursos educativos

 

Outro dos nosos campos de actuación é o desenvolvemento de publicacións, recursos, contidos e actividades educativas, destinadas a formación a distancia ou de apoio á ensinanzas presenciais. Posemos experiencia na realización de contidos con tecnoloxía Flash e formatos SCORM con ferramentas como Adobe Captivate, eXe-Learning ou Reload Editor. Estes contidos presentan a estrutura dun tema completado con diferentes actividades e exercicios, e opcionalmente a súa integración no moodle, para facilitar a xestión de usuarios, a comunicación e avaliación.

Contidos web

Dende Gabit podemos ofrecerlle un deseño e estilo de contidos e actividades adaptado ás súas necesidades e dende unha perspectiva pedagóxica grazas á nosa fonda experiencia docente. Así mesmo pode optar por unha solución completa que integre esas mesmas publicacións ou contidos nun curso Moodle. Pode ver un exemplo de publicación nos contidos do curso de Powerpoint 2010.

 

Elaboración de contidos e actividades educativas con tecnoloxías flash/html5 en formatos web ou scorm

 

 

 

Formación e-learning a medida

 

Formación a medida

A ampla experiencia docente de Gabit permítenos ofrecerlles un servizo de formación e-learning completo, incluíndo todo o relacionado coa impartición de cursos a través de Internet:

 

  • Materiais para os cursos, coa elaboración de contidos e actividades.
  • Titorización e impartición do curso por parte dun amplo equipo de docentes profesionais e experimentados.
  • Personalización e adaptación da plataforma.
  • Aloxamento da plataforma de formación dende os nosos servidores.
  • Soporte e resolución de incidencias.
  • Formación de titores para impartir cursos a distancia, ensinamos a ensinar a través de Moodle.

 

Se quere impartir un curso online sobre o mundo das TIC e non dispón de servidor, plataforma, contidos e titores, dende Gabit ofrecémoslle o paquete completo. Consulte con nós sen compromiso e ofrecerémoslle unha solución a medida personalizada e adaptada ás súas necesidades. 

 

 Servizo de formación completo, contrátenos e esquézase!

 

 

 

Accesabilidade e usabilidade

 

A accesibilidade e a usabilidade web garanten que calquera persoa independentemente das súas características físicas e técnicas acceda á información. Tendo en conta que hoxe en día se trata dun imperativo legal para evitar a discriminación de persoas no acceso a servizos e sitios web, a adaptación dos servizos e sitios web de empresas e institucións é unha tarefa obrigada e urxente. Dende Gabit ofrecémoslle o seguinte:

 

  • Auditoría da accesibilidade web a través da análise do seu sitio ou servizo web, e elaboración dun informe completo coas necesidades e cambios a realizar.
  • Adaptación do sitio para cumprimento das directrices de accesibilidade ata o nivel desexado polo cliente A, AA, AAA segundo as WCAG ou WCAG 2.0 promovidas polo W3C.
  • Adaptación do código HTML e CSS para cumprir cos requirimentos de validación estándar.
  • Adaptación dos contidos web para facelos accesibles dende dispositivos móbiles.
  • Adaptación de contidos especiais como documentos Pdf, presentacións ou elementos multimedia para facelos accesibles.
  • Adaptación do seu sitio para proporcionar onde teñan cabida solucións baseadas en tecnoloxías RIA/AJAX accesibles segundo as WAI-ARIA do W3C.

 

O resultado final será un sitio web 100% accesible!

 

 

Redes sociais corporativas

 

Red social

 

A solución que ofrecemos dende Gabit para redes sociais permitiralle dispoñer da súa propia rede social corporativa, adaptada ás necesidades da súa organización. Pode dispoñer de todas as funcionalidades das redes sociais e limitar o acceso para a súa organización, con integración coas súas bases de datos de usuarios ou sistemas baseados en LDAP. A solución estándar baseada en Elgg pode ampliarse con novas funcionalidades para blogues, wikis ou e-portafolios.

 

Coma sempre o servizo completo que ofrece Gabit, inclúe aloxamento nos seus servidores da plataforma completa, documentación de uso, formación e soporte e resolución de incidencias.

 

Redes sociais a medida e privadas!

 

 

 

Comercio online

 

e-comercio

 

Dende Gabit ofrécemoslle unha completa tenda online integrando diferentes solucións de e-Commerce. A solución base permitiralle:

  • Xestión de clientes a través de envío de boletíns de novidades, grupos e redes sociais.
  • Xestión de pedidos, con estados, pagamentos, emisión de facturas.
  • Xestión segura de pagamento online.
  • Múltiples idiomas con localización da web en diferentes linguaxes.

 

Como sempre o servizo estendido de Gabit proporciona aloxamento nos nosos servidores, documentación e formación no uso da ferramenta así como soporte e resolución de incidencias.

 

 

 

e-Marketing e posicionamento en buscadores (SEO)

Promoción web

 

O posicionamento da súa web nos primeiros postos dos buscadores supón un beneficio directo para o seu negocio e unha vantaxe respecto dos seus competidores. Dende Gabit ofrecémoslle mellorar a promoción do seu sitio web e obter un mellor posicionamento nos buscadores a través de:

 

  • Análise do seu sitio web e presencia nos principais buscadores coa elaboración dun informe completo de melloras a nivel técnico para fortalecer o seu posicionamento.
  • Adaptación técnica e semántica do seu sitio web para mellorar a súa presencia en Internet.
  • Auditoría social e promoción do seu sitio web a través de blogues e redes sociais con estratexias de Community Manager.
  • Suxestións para a realización de marketing online con estratexias de marketing viral, reputación online ou de opinión.

 

 

 

Casos de éxito



  • Sitio web de tradución e localización inglés-español ou español-inglés. Trátase dun portal de presentación dos servizos ofertados e de contacto co grupo de profesionais que os ofrecen. Neste paquete inclúese: portal de servizos, presencia e integración en redes sociais (Facebook e Twitter), servizos de suscrición, envío personalizado de boletíns de correo electrónico e frontal web de administración.






    Naomi

  • Personalización e resolución de incidencias no portal web coa bolsa de emprego do Centro Integrado de Formación Profesional Ferrolterra. Portal web destinado á busca de emprego e posta en contacto dos estudantes do centro coas empresas e empregadores da zoa. A intervención incluíu: auditoría de seguridade, personalización do portal ás necesidades do centro, localización da interfaz, resolución de incidencias varias e aumento da seguridade da web a través de elementos como a inclusión de filtros anti-spam específicos.




    Bolsa de emprego CIFP Ferrolterra

  • A Plataforma de Teleformación Galega nas versións 2.0 e 2.1, é unha solución de ensinanza-aprendizaxe a distancia desenvolvida para a Consellería de Educación e O.U. Da servizo aos ámbitos de Formación do profesorado, Profesorado de Formación profesional e Formación profesional a distancia, entre outros. Esta plataforma é unha adaptación dunha solución Moodle integrada cos usuarios da Consellería de Educación e cunha serie de módulos personalizados e adaptados á medida das necesidades deste servizo.




    Platega

  • Este curso é un exemplo de elaboración de contidos educativos para aulas moodle realizado con Adobe Captivate. Englóbase dentro do marco dun plan de formación conxunto entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Subdirección Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT). Neste caso inclúense os vídeos en formato SCORM con actividades de tipo cuestionario, integrados cada un deles coma un recurso independente na aula virtual do Moodle.




    Curso de Powerpoint 2010

  • Curso Aplicacións educativas en smartphones e tablets
    Curso de Aplicacións educativas en smartphones e tablets, elaborado para o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación). Curso desenvolvido para a plataforma Moodle 2.4 en adiante, combinando elementos da Web 2.0 externos cos últimos recursos e actividades máis innovadores en Moodle como Rúbricas ou Gamificación. No curso trátanse todos os aspectos necesarios para capacitar aos docentes no desempeño de actividades de ensinanza-aprendizaxe a través de dispositivos móbiles: BYOD, PLE, Xestión de información, ferramentas de avaliación e apps específicas para a aula.



    Curso Aplicacións educativas en smartphones e tablets

  • Portal realizado para o establecemento Mercanova (La Gándara) de Narón. Esta tenda está destinada á venta ao público de produtos conxelados. O portal inclúe galerías de produtos e recetas, galerías de vídeos, publicación de contidos tipo revista electrónica, boletíns de subscrición para envío das ofertas mensuais, contacto, localización en Googlemaps, publicación e seguemento a través de redes sociais, e outras moitas opcións.






    Mercanova (La Gándara)

  • Rotur, a revista de ocio e turismo
    A Revista de Ocio e Turismo (Rotur) foi un servizo de revista en liña desenvolvido para a Universidade de A Coruña. Trátase dunha publicación internacional de rigor universitario. Os números da revista vanse publicando no portal, incorporando diferentes ferramentas de busca e mantemento. Este portal é unha adaptación dunha solución Drupal adaptada aos estilos da revista, cunha serie de módulos personalizados á medida das necesidades do servizo.




    Rotur

  • Libro que pretende servir como punto de partida e guía para todas aquelas persoas que se queiran iniciar no mundo do Mobile-Learning ou mLearning. Presenta as diferentes posibilidades á nosa disposición no que respecta a dispositivos, aplicacións e servizos web aos que podemos darlles un enfoque educativo. Inclúe un catálogo de apps recomendadas e moitos exemplos de uso educativo. O modelo ou enfoque exposto no libro electrónico adaptáse ao sistema educativo actual, permitindo cubrir todos os aspectos necesarios para integrar o mLearning nas aulas.





    Ebook Mobile Learning







Etiquetas:
Síguenos en Facebook Twitter Google+ Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nosotros
Servicios
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidad
Recursos
Publicaciones y contenidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2017, todos los derechos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.